Concentración mensual en contra da violencia de Xénero en Redondela

A Concellaría de Muller e Igualdade, dirixida por Teresa París, informa sobre a CONCENTRACIÓN MENSUAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
Publicado por o día 26/09/2018 na sección de Galicia,Redondela

Concentración mensual en contra da violencia de Xénero en Redondela

A Concellaría de Muller e Igualdade, dirixida por Teresa París, informa sobre a CONCENTRACIÓN MENSUAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

O Concello de Redondela convida a toda a veciñanza a unirse á concentración en contra da violencia de xénero correspondente ao mes de outubro.

Esta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.

O acto, que se desenvolverá o vindeiro luns 1 de outubro na praza do Concello ás 19:30 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, da Asociación de veciños de Chapela. E como símbolo se gardará un minuto de silencio e se procederá a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.

O Concello de Redondela e os membros do Consello Municipal da Muller convidan á cidadanía redondelá a participar cada mes nesta concentración mostrando así o seu rexeitamento contra a violencia de xénero e calquera outra forma de violencia e a súa concienciación da loita contra esta lacra social.