Comisións Obreiras (CCOO) únese á manifestación convocada na Coruña para o vindeiro martes, 19 de novembro, na que se rexeitarán os despedimentos no Banco Caixa Geral. A marcha comezará ás 11:30 horas diante da oficina principal de Abanca (rúa Nova, 30).
Escasos días de comezaren os despedimentos, as seccións sindicais recibiran unha comunicación formal en que se indicaba que non se tomara “decisión ningunha” en relación con posibles medidas no ámbito laboral para cometer a integración das dúas entidades.
A Federación de Servizos de CCOO esixe a “readmisión inmediata” das persoas despedidas, así como unha negociación sobre o emprego nos servizos centrais do Banco Caixa Geral.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.