Concentración na Xunta de Galicia esixindo axudas sociais dignas

Publicado por o día 24/03/2014 na sección de Vigo

Concentración na Xunta de Galicia esixindo axudas sociais dignas

26M_peq

 A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocan o vindeiro MÉRCORES 26 de marzo unha CONCENTRACIÓN diante da XUNTA de GALICIA baixo o lema: MENOS GOLF, MÁIS SOLUCIÓNS! AXUDAS SOCIAIS DIGNAS, NON ESMOLAS!

Comezarán a partires das 11:00 diante das portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (r/Concepción Areal 8). No acto farán unha representación, da que so poden adiantar que terá que ver con esta nova: “A Xunta subvenciona carriños de golf aos clubes“.

Mentres a Xunta malgasta os cartos de todas, a maioría das galegas malviven no medio da riqueza duns poucos, e cunhas políticas sociais que son pura esmola ou caridade. A RISGA é un triste exemplo de todo isto: orzamentos insuficientes, contías rídiculas, prazos de resolución longuísimos… Contra a exclusión, redistribución! Renda Básica das iguais, XA!

PRENSA ODS COIA