Concentración no MARCO en Defensa das Pensións Públicas

Publicado por o día 17/05/2017 na sección de Protestas,Vigo

Concentración no MARCO en Defensa das Pensións Públicas

 

O vindeiro 18 de maio, a Coordinadora Estatal en Defensa das Pensións Públicas vai facer entrega nos principais concellos do Estado dunha moción solicitando o apoio do Pleno en defensa do Sistema Público de Pensións. Para reforzar o acto de entrega vanse realizar concentracións ou manifestacións, segundo acorde cada colectivo, para explicar o documento e tamén como chamamento aos/as participantes para que acudan á manifestación das MMdD do 27M en Madrid.


Elixiuse a data do 18 por coincidir co trámite parlamentario para aprobación dos Presupostos Xerais do Estado. Presupostos que siguen afondando nas políticas austericidas cuio fin é  desmantelar o estado do benestar e como cosecuencia o aumento do paro, precariedade laboral, reducción de prestracións sociais e sanitarias, copagos e repagos, reducción de becas, abandono da lei de dependencia, desprotección das persoas afectadas pola violencia de xénero…En definitiva,  os presupostos dos recortes sociais que afectarán aínda máis duramente ás persoas máis necesitadas.

MODEPEN vai proceder á entrega da moción no Concello de Vigo ás 12 hs., e faremos concentración na rúa do Príncipe, diante do Marco, ás 19:30 hs.

Gustaríanos contar coa asistencia do voso colectivo no acto frente ao Marco.