Concentración pola falta de alternativas habitacionais en Vigo

Publicado por o día 28/02/2020 na sección de Eventos,Galicia,Os Ninguéns,Protestas,Social,Vigo

Concentración pola falta de alternativas habitacionais en Vigo

O foro  socioeducativo Os  Ninguéns, convoca unha concentración o luns, 2 de marzo do 2020 na  Dinoseta da Porta do Sol, ás 11:30 h da mañá, tendo constancia de dous novos casos de familias con crianzas que, como tantas outras, vense ameazadas de desafiuzamento, neste caso por terminación de contrato e non renovación do mesmo, sen contar con alternativa  habitacional xa que cos seus ingresos non poden permitirse un aluguer a prezo de mercado, nin tampouco acceder ás garantías que piden os  arrendadores.

Preténdese chamar a atención sobre a grave emerxencia  habitacional da cidade, que non dispón de solucións, nin municipais nin autonómicas para ofrecerlle a estas familias que atópanse cunha data de saída das súas casas e sen posibilidade de acceder a un  novo contrato de aluguer.

Por tanto téntase visibilizar, exemplificando con estes últimos casos pero sendo moitos máis, que a problemática cronificouse e non hai unha resposta  protocolizada que axude aos colectivos a atopar vías seguras e eficientes para poder paliar as consecuencias destas situacións extremas. A vivenda é un dereito constitucional, e na cidade ningunha institución acepta poñer en marcha un parque público de aluguer social para familias vulnerables.

Comentar noticia

Your email address will not be published.