Concentración polo desafiuzamento dunha familia maior

Publicado por o día 04/06/2017 na sección de Social,Vigo

Concentración polo desafiuzamento dunha familia maior

STOP DESAHUCIOS A CORUÑA concentrarase o vindeiro martes 6 de xuño ás 12:15 horas diante da Central do Banco PASTOR-POPULAR da Coruña do Obelisco, para evitar o desafiuzamento dun matrimonio maior de Sada o cal, o banco non lle ofreceu poder acollerse ao Código de Boas Prácticas, a pesares de estar obrigado por ley, según afirman desde a plataforma de afectados.

Este matrimonio non se puido defender nos xulgados xa que o goberno so establece un prazo criminal de 10 días. So tes 10 días para atopar avogado e opoñerte a un procedemento tan complexo legalmente como é unha execución hipotecaria. Coma sempre, ésta é unha forma máis do noso goberno de seguir a beneficiar a banca española, pois para recurrir unha simple multa, tes un prazo de ata 30 días.

STOP DESAHUCIOS A CORUÑA denuncia que ss Servicios Sociais de Sada miran a outro lado, pois non lles ofrecen unha alternativa habitacional digna, a pesares de que a Xunta de Galiza presume de ter un Programa de Vivendas Baleiras asinado entre o IGVS e o FEGAMP para ofrecer aluguer social a familias desfavorecidas. Independentemente de que esta familia teña tamén decidido solicitar por lei, no xulgado, acollerse a moratoria de seguir na vivenda ata 2020.

Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña instan a todas as institucións públicas, a que se conceda a moratoria a esta familia ata 2020 e  se adopten as medidas necesarias para ofrecer  futura solución habitacional a esta familia e a todas a familias que se atopen nesta mesma situación; así como a loitar contras as malas prácticas bancarias.