Concentración en Vigo: A manada somos nós!! Feminismo para vivir!!

Publicado por o día 21/11/2017 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

Concentración en Vigo: A manada somos nós!! Feminismo para vivir!!

Este xoves, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na farola de Urzaiz-Vigo,  saída a rúa nunha ACCIÓN para reivindicar agresións machistas!

Os lemas:

  • Que estando xuntas. a manada somos nós! – reza o eslogan.
  • Que estamos fartas de que sendo as agredidas se nos cuestione e criminalice!
  • Que non imos ficar caladas fronte a unha xustiza patriarcal e a uns medios e sociedade cómplices da violencia machista!
  • Que queremos mudar este entorno machista e que precisamos feminismo para vivir!

Dende a Marcha Mundial das Mulleres contan contigo para facer moito, moito ruído. Solicitan levar batukada,  panderetas, cacerolas e todo o que se che ocorra para facerse oír.

Todas xuntas imos facer que se nos escoite! – finaliza o comunicado.