Concentración contra a violencia de xénero

Publicado por o día 21/02/2018 na sección de Colectivos Feministas,Eventos,Social

Concentración contra a violencia de xénero

Como ven sendo habitual, a asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 22  de febreiro ás 20:00h na Rúa Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia machista en todas as súas manifestacións.

Unha vez máis a Rede convoca á cidadanía a manifestarse contra a violencia de xénero.

Estamos no mes de febreiro e 6 mulleres foron asasinadas no que vai de ano, Son mulleres que perderon a súa vida e marcaron de por vida a moitas persoas do seu entorno. Que menos que manifestarnos contando algo do moito que ela podería dicirnos si se lle houbera dado a oportunidade!

Contaremos coa colaboración das actrices, Aurora Maestre e Elena Cáccamo.

Esperamos contar con todas e todos vós e así poder concienciar a cidadanía  de que somos moitas as persoas que non toleramos o maltrato e a discriminación das mulleres.