Concentración contra a Violencia de Xénero en Vigo

Por o 24/04/2017 | Sección: Social,Vigo
Concentración contra a Violencia de Xénero en Vigo

A Rede de Mulleres convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 27 de abril de 2017 ás 20h. diante do Museo de Arte Comteporánea (MARCO).

Este ano van 32 mulleres asasinadas e 3 menores, en menos de catro meses, vemos como se vai privando da vida a tantas mulleres e deixando tanta dor en criaturas, familiares, amigos e nas persoas que sufrimos ó non poder evitar esta masacre.

Agardan unha vez máis que acompañedes neste acto que organizan todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco. Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avancemos e todas e todos rexeitemos estes comportamentos violentos que tanta dor lle producen a tantas persoas.

Nesta ocasión a escritora Ana Alonso recitará unha poesía composta por ela mesma e leerá un comunicado.