Concentracións en toda Galicia para pedir a derrogación da reforma das pensións do 2013

Haberá protestas na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, Valdeorras, Pontevedra, Arousa, O Grove e Vigo
Publicado por o día 15/05/2018 na sección de CC.OO,Protestas,Sindicatos

Concentracións en toda Galicia para pedir a derrogación da reforma das pensións do 2013

Dentro da campaña de mobilizacións que CCOO e UGT están a levar a cabo na defensa dunhas pensións dignas, ambos os dous sindicatos convocan novos actos para mañá, día 16. En Galicia haberá concentracións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Foz, Ourense, Valdeorras, Pontevedra, Arousa, O Grove e Vigo.

Concentracións

—  A Coruña, 12 h, no Obelisco
— Ferrol, 12 h, edificio Xunta
— Santiago de Compostela, 12 h, praza de Cervantes
— Lugo, 12 h, diante do Concello
— Viveiro, 12 h, Concello
— Foz, 12 h, Concello
— O Barco de Valdeorras, 12 h, Concello
— Ourense, 12 h, Subdelegación do Goberno
— Vilagarcía de Arousa, 12 h, Concello
— O Grove, 12 h, Concello
— Vigo, 12 h, diante do museo MARCO

Tamén haberá unha cadea humana en Pontevedra, ás 11:30 h, diante da Subdelegación do Goberno