Concentrásense en Defensa dá Sanidade Pública diante da Xunta en Vigo

Sera o próximo xoves 6 de abril ás doce da mañá diante do edificio da Xunta de Galicia en Vigo, organiza a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas
Por o 03/04/2017 | Sección: Cangas,Galicia,Protestas,Sanidad,Vigo
Concentrásense en Defensa dá Sanidade Pública diante da Xunta en Vigo
Compartir en:

Sera o próximo xoves 6 de abril ás 12horas diante do edificio da Xunta de Galicia en Vigo, organiza a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas.

Como sabedes a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas estiveron durante todo o mes de febreiro na rúa recollendo sinaturas dos veciños/as de Cangas solicitando que o Sergas dote ao servizo de urxencias do PAC de Cangas con presencia permenente de persoal e cos medios necesarios para ser máis resolutivos. A acollida por parte da veciñanza foi moi gratificante, participando numerosos establecementos e voluntarios/as e logrando unhas 5226 sinaturas.

O Sr. Conselleiro de Sanidade non contesta ás numerosas solicitudes de reunión que solicita o Concello, para que escoite as carencias sanitarias que ten o pobo de Cangas, e polo tanto, ante esta actitude, marcámonos xunto cos grupos do goberno de Cangas e os da oposición, salvo PP, unha folla de ruta ata chegar a Conselleria de Sanidade para que escoite as peticións do pobo de Cangas, comezando por levar ao rexistro da Xunta, en Vigo, as 5226 sinaturas recollidas entre os veciños e veciñas.
Está confirmado que o Delegado da Xunta de Galicia en Vigo vai recibir ao Sr. alcalde de Cangas e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas.