Concepción Burgo: “O Goberno galego “deixa esmorecer” ao Centro Dramático Galego”

Publicado por o día 26/06/2019 na sección de Política,PSOE

Concepción Burgo: “O Goberno galego “deixa esmorecer” ao Centro Dramático Galego”

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, reclamoulle hoxe ao goberno galego que dote ao Centro Dramático Galego de “entidade xurídica propia con autonomía e orzamentos, ademais de revisar o sistema de produción, os mecanismos de distribución e os procedementos de selección de elencos. Burgo presentou unha interpelación na que reclamoulle á Xunta que remate co “esmorecemento” do CDG iniciado por Feijóo en 2009.

A responsable socialista reclamoulle ao conselleiro de Cultura que atenda á Asociación de Actores e Actrices de Galicia que están a dar a voz de alarma pola difícil situación do Centro logo dunha “redución orzamentaria brutal” que reduciu á metade os seus recursos dende a chegada de Feijóo. Hoxe subsisten cunha reducidísima produción propia, de apenas unha obra ao ano, con elencos moi reducidos e problemas de distribución “moi graves”, limitando as xiras ás 7 cidades galegas..

A Xunta carece de interese por impulsar ao Centro, renunciando ao Consello Asesor e provocando un “proceso de burocratización” ata o punto de que o ente demóstrase “incapaz de crear” e entrando nunha deriva de “parálise” da que debera ser a unidade de produción cultural máis importante de Galicia, cunha experiencia de 35 anos de historia.

Burgo sinalou a decisión de externalizar as producións do CDG senta un “perigoso precedente” ao deixar en mans alleas a dramaturxia, a tradución e ata a contratación dos intérpretes. O cambio de selección do cartel, dixo, cambiouse en 2016 para impoñer un sistema opaco en “presunta irregularidade” que vai conta a realidade laboral e mesmo a liberdade creativa da dirección de escena.

A parlamentaria socialista criticou o desinterese demostrado polo goberno galego, que “non quixo atopar a ninguén que tivera un ratiño para achegarse á xuntanza do Consello Estatal das Artes Escénicas e Musicais” que no pasado mes de decembro se reuniron convocados polo Ministerio de Cultura para buscar respostas á situación.

Propuxo que cumpran coa Lei de creación do Agadic que “deixa oco para crear un ente diferente que xestione os centros de produción” como é o caso do Centro Dramático ou do Centro Coreográfico, nunha situación “peor”.