Concerto benéfico en solidariedade co Pobo Saharaui

O I Festival de Corais Infantís Solidario co Pobo Saharaui celebrarase o domingo no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso

O Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso acolle o I Festival de Corais Infantís Solidario co Pobo Saharaui que organiza a Asociación Galega co Pobo Saharaui coa colaboración da Comunidade de Montes de Torroso e o Concello de Mos. Terá lugar o domingo 1 de marzo ás 17.30 horas con entradas ao simbólico prezo de 3 euros.

Actuarán o Coro Infantil Setestrelo da Escola de Música de Mos, a Compañía Musical Mayeusis de Vigo, o Coro Infantil Cantemos de Ponteareas, e o Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal.

Programa

CORO INFANTIL SETESTRELO (Mos)

Este Coro está omposto por 25 nenas e nenos de entre 7 e 16 anos.

Pertence á Escola de Música de Mos polo tanto só actúa nos actos que teñen que ver con ésta salvo algún acto benéfico.

Repertorio:

– Vai alborexar (Neira Vilas / Roi Casal)
– Pomba pombiña (A. García Teijeiro / X. Lueiro)
– Pasodoble de Cerdeira (trad. galega)
– Foliada da cantiga mareira (trad. galega/R. González Enríquez)
– Vai a lúa (trad. galega / Lulavai)
– Romeiro ao lonxe (trad. inglesa / Luar na Lubre)
Directora: Inés Lorenzo Estévez

MÚSICOS COLABORADORES:

Ángeles Lorenzo (flauta traveseira); Miguel Sanromán (clarinete e gaita);
Raúl Ben (piano); Rubén García (percusión)

COMPAÑÍA MAYEUSIS (Vigo)

A Compañía do Conservatorio Mayeusis é unha agrupación do Conservatorio Mayeusis de Vigo nacida no ano 2012 para cubrir unha serie de necesidades artísticas e interpretativas que tiñan os alumnos e que a formación nun conservatorio oficial non contempla nos seus plans de estudos. Esta agrupación está formada aproximadamente por 30 nenos e nenas de entre 8 e 18 anos e conta permanentemente con 4 profesores que traballan semanalmente orquestra, coro, danza e interpretación.

Repertorio:
– Can you hear me? De Bob Chilcot
– Samba lelé. Arr: Bibian Tabbush
– Vois sur ton Chemin de Bruno Coulais.
– Cubanita de Eva Ugalde
Director: Isidro Betancourt Benítez
Pianista acompañante: Lucas Alonso Pérez

CORO INFANTIL CANTEMOS (Ponteareas)

O Coro Infantil Cantemos créase no ano 2013 contando con 10 pequenas voces. É a sección máis cativa do Obradoiro Vocal “A Vila”. Actualmente creceu o número de cantores e xa conta con 34 nenos e nenas de entre 3 e 10 anos.

A finalidade de este “pequecoro” é que os nenos e nenas descubran o mundo coral dende una visión pedagóxica adaptada ás súas idades; que se relacionen e formen parte dun grupo cun obxetivo común.

Repertorio:
-Collín collín
-Epo e Tai tai
-Mantusha lupamusha
-Kokoleoko
-Ophelia letter blowey
Directora: Yanira Rodríguez Mera
Pianista acompañante: Sandra

CORO INFANTIL AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

O Coro Infantil creouse xa hai 15 anos como unha actividade máis da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Nestes momentos está formado por uns 20 nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos.

Repertorio:
– Todos somos capitáns (Magín Blanco)
– El agua (Miliki)
– Los continentes (Miliki)
– Los 4 puntos cardinales (Miliki)

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario