Concerto Benéfico: “Música que salva vidas” Oxfam Intermón + Orquesta Clásica de Vigo

Este xoves 30 de xaneiro ás 11:00 horas na tenda de Intermón (Rúa Triunfo, 4. Casco Vello de Vigo)
Publicado por o día 28/01/2020 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Concerto Benéfico: “Música que salva vidas” Oxfam Intermón + Orquesta Clásica de Vigo

Este xoves 30 de xaneiro de 2020 ás 11:00 horas terá lugar na tenda de Oxfam Intermón de Vigo a presentación en rolda de prensa do concerto solidario baixo o título “Música que salva vidas”.

A actividade, organizada por Oxfam Intermón Vigo en colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo queda enmarcada na campaña levada a cabo pola organización co obxectivo de mellorar as condicións das miles de persoas, proporcionándolles auga, refuxio e axuda de primeira necesidade, ao tempo que impulsa accións para afrontar o cambio climático e promover o comercio xusto. Esta actividade contará co apoio de  contará co apoio de Salesianos e Vitrasa.

Día: Xoves 30 de xaneiro de 20202
Hora: 11:00 horas
Onde: Tenda de Oxfan Intermón
Dirección: Rúa Triunfo, 4 (Casco Vello)

Interveñen:
Alberto Gómez, Voceiro de Oxfam Intermón Vigo
Manuel Martínez
. Director técnico da Orquesta Clásica de Vigo