Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia dentro da Tempada de Música Clásica de Afundación

Dirixidos por Dima Slobodeniouk, interpretarán obras de Vasks, Bach e Mozart mañá venres 20 de decembro no Teatro Afundación de Vigo
Publicado por o día 19/12/2019 na sección de Cultura,Eventos

Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia dentro da Tempada de Música Clásica de Afundación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa desenvolvendo a programación da súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo. A vindeira cita será mañá venres 20 de decembro, a partir das 20.00 h no Teatro Afundación de Vigo, cun concerto a cargo da Orquesta Sinfónica de Galicia. Interpretarán Música serena, de P. Vasks, Concerto de Brandeburgo nº 5 en re maior, de J.S. Bach, e Sinfonía nº29 en la maior, de W.A. Mozart baixo a batuta de Dima Slobodeniouk.

As entradas están á venda na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que conleva unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

Este concerto é parte do programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», unha proposta que ten como obxectivo abrir as portas do Teatro Afundación de Vigo aos centros educativos de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato para que os seus estudantes poidan gozar de concertos de música clásica de balde. Os centros interesados en participar poden informarse a través do 986 120 078 ou no correo quedamosnopalco@afundacion.org.

Comentar noticia

Your email address will not be published.