Concerto da pianista Magdalena Argibay

Publicado por o día 31/10/2017 na sección de Cultura,Eventos

Concerto da pianista Magdalena Argibay

Mª Magdalena Argibay Ligero nace o 10 de octubre de 1991 en Pontevedra. Con 15 anos ingresa no Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra. Alí recibe clases de piano de José Luís Reguilón durante o Grao Profesional e asiste a Masterclasses coa profesora lusa Luisa Tender. No ano 2012 finaliza os seus estudios de piano no CMUS de Pontevedra e en xuño do mesmo ano supera as pruebas de acceso aos Graos Superiores de Piano e Composición no CSM de Vigo, lugar no cal se atopa na actualidade proseguindo os sus estudos da man de profesores como Pablo Rodríguez, Juan Eiras e Carlos Cambeiro, entre outros. Nestes anos asiste a Masterclass con compositores de ámbito nacional tales como Alberto Posadas ou David García Díaz e pianistas como Veronika Vitaite, Katia Veekmans, Ilona Timchencko, Eva Vorotsova, Pierluigi Epifani e András Kemenes. Durante o ano
2014-2015 asiste ao Curso de Composición impartido por Antón García Abril na Escola de Altos Estudos Musicáis de Santiago de Compostela e ademáis resulta becada para estudiar na “58ª Edición dos Cursos Internacionáis de Música en Compostela” a especialidade de Sinfonismo e Música Actual cos mestres García Abril e Maximino Zumalave, en agosto de 2015. Como pianista, colabora coa “Orquesta Clásica de Vigo”, coa “Orquesta do Espazo de Cámara da USC”, coa “Banda Municipal de Pontevedra” e coa “Banda da Federación Galega de Bandas de Música Populares”. No ámbito laboral é mestra de piano na Escola de Música de Vilaboa e na Escola de Música Municipal de Sanxenxo, pianista acompañante no “Curso de dirección orquestal” impartido por Colin Metters coa Atlantic Coast
Orchestra, dirixe a “Coral Polifónica de Beluso”, a “Coral Camerata de Bértola” e a “Coral de Noalla”. Ademáis é graduada en Bioloxía pola Universidade de Vigo.

Fernando Estévez Rodríguez (clarinete) Nace en Quiroga. Comeza os seus estudos musicais de gaita á idade de 6 anos da man de seus pais, ingresando ao ano seguinte no Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez”de Monforte de Lemos, onde cursa Grao Profesional na especialidade de clarinete co profesor Fernando Sanmartino, acadando o Premio Extraordinario Fin de Grao. No 2011 accede ao Conservatorio Superior de Música de Vigo onde estuda co profesor Asterio Leiva Piñeiro. Durante a súa formación ten recibido clases en diversos cursos e masterclasses con clarinetistas, como Dario Mariño Varela, Rocco Parisi, Lorenzo Guzzoni, Venancio Rius Martí, Vicent Alberola e Arno Peters entre outros. Recibiu tamén clases de Música de Cámara cos mestres Roberto Noche, Francisco Pérez e Fernando Raña. No ano 2016 acada a cualificación de Matrícula de Honra no seu Concerto Fin de Estudos. Na
actualidade cursa terceiro de Superior na especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular galega no Conservatorio Superior de Vigo.

Programa
Balada en La bemol op. 47 – F. Chopin (1810-1849)
Sonata en fa op. 120 no. 1 para clarinete e piano – J. Brahms
(1833-1897)
I. Allegro appassionato
II. Andante un poco adagio
III. Allegretto grazioso
IV. Vivace
L´Isle Joyeuse L109 – C. Debussy (1864-1918)
Venezia e Napoli (2ª versión) S162 – F. Liszt (1811-1886)
– Barcarola (La biondina in gondoletta)
– Canzone (Nessun maggior dolore, do Otello de G. Rossini)
– Tarantella

Venres 3 de novembro de 2017 ás 17:00 horas no Auditorio “David Russell” Conservatorio Profesional de Música de Vigo