Concerto de Andrea Pousa & Banda nun acto sobre emigración da Festa da Rosa mosense

Será mañá ás 20.00 horas no Centro Dotacional de Torroso
Por o 08/06/2018 | Sección: Galicia,Mos
Concerto de Andrea Pousa & Banda nun acto sobre emigración da Festa da Rosa mosense

Mañá sábado, 9 de xuño, e dentro do programa das Festas da Rosa 2018, o auditorio do Centro Dotacional de Torroso acollerá un acto sobre emigración ao que asistirán Antonio Rodríguez Miranda, Secretario Xeral de Emigración, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Política Social mosense.

Tamén estarán presentes os compoñentes dos grupos de gaitas que participaron nos actos oficiais da celebración do Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, “Xulio Lorenzo & Banda” e “A Vacaloura Vermella”, e unha parella do Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras.

O acto contará co concerto estrela de Andrea Pousa, ‘Un verso, un cantar’ e pecharase coa interpretación do Himno de Mos a cargo de Xulio Lorenzo.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.