CONCERTO na ROTONDA de Coia: NON ao BARCO na ROTONDA!

Publicado por o día 22/12/2014 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social

CONCERTO na ROTONDA de Coia: NON ao BARCO na ROTONDA!

– A Asemblea Aberta de Coia organiza mañá martes 23 de decembro un concerto na rotonda de Coia.

Desde as 18.00h a rotonda enchérase de música, de cultura, para expresar o rexeitamento da xente ao malgoberno municipal.

Son datas festivas e non queremos deixar de unir a reivindicación coa festa. Ademais de parar as obras estas semanas, fomos quen de facer da rotonda un espazo para a xente onde partillar a vida.

Moitos artistas darán coa súa música apoio a un berro: Non pode ser o barco na rotonda e a xente sen comer!

Non para de medrar o número de artistas que van participar… Na rolda de prensa de mañá daranse máis datos sobre a festa da tarde. Non vola perdades!

PRENSA ASAMBLEA COIA