A mosense Coral Polifónica Ventos do Val, o domingo día 22 de outubro, celebra a XVII edición do seu Concerto Cultural de Outono.
O concerto celebrarase no Auditorio Municipal do Multiusos das Pozas en Petelos, ás 18.30 horas do domingo 22 de outubro. A entrada é libre para todo o que desexe asistir, ata completar o aforamento, xa que a Coral Polifónica Ventos do Val é unha agrupación sen ánimo de lucro.
Neste evento ademais da mosense coral organizadora, participarán a Agrupación Coral Polifónica da Guarda, e a Coral Polifónica de Caldas de Reis.
Con este concerto a Coral Polifónica Ventos do Val dá por pechada a súa axenda cultural 2017, durante a que participou nas Misas Cantadas das festas patronais do noso Concello, e en varios intercambios, tanto dentro da comunidade autónoma galega, como noutros lugares de España tales coma Cantabria e Asturias.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.