Concerto solidario a favor de Bai.senpulgas para axudar a Altea

Publicado por o día 01/06/2018 na sección de Baiona,Galicia

Concerto solidario a favor de Bai.senpulgas para axudar a Altea

A pequena Altea namorou a todos e este sábado día 2 de xuño celebrarase un concerto benéfico para recadar fondos para ela, co sorteo de dúas ceas. O Cativo e O Faro de Atrás (Rúa Conde de Baiona) organizan o evento a partir das 20:30 horas, que contará coa actuación de Ricardo Parada.

Altea apareceu na porta dun veterinario da zona de Gondomar envolvida nunha mantiña. Ten dúas fracturas, unha na pata dianteira esquerda e outra na pata traseira esquerda. Non chega a penas ao ano de idade e xa sufriu un atropelo brutal e un abandono. O orzamento rolda os 800 euros, entre cirurxías e probas, e a protectora de animais Bai.senpulgas está baixo mínimos. Foi operada o mércores e agora necesitaría acollida.