Concerto Solidario polas represaliadas na loita da Rotonda de Coia

Sábado 14 de maio – 20:30 – CSOA “A Quinta da Carminha” (r/Carme 1, Vigo, entrada lateral)
Publicado por o día 12/05/2016 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social,Vigo

Concerto Solidario polas represaliadas na loita da Rotonda de Coia

Continuamos cos actos en solidariedade co compañeiro Diego, vítima dun proceso xudicial inxusto. Por mor dunha montaxe policial: Diego enfróntase a unha petición de varios anos de cadea e máis de 15000 euros de responsabilidade civil; tan só por participar nas reivindicacións, e loitar por unha vida digna para todas.

Co obxecto de continuar xuntando os cartos colectivamente organizamos este concerto no que poderedes disfrutar da música de Saúl Zaitsev, Pipe Díaz e Nano Selektah.A entrada é de balde e haberá comida e bebida a prezos populares.

Pola xustiza social. Contra o estado policial. Porque Diego poderíamos ser todas, acude e colabora!

PRENSA ASAMBLEA ABERTA COIA