Conde asegura que incorporar o talento feminino ás iniciativas galegas que se presenten aos fondos europeos dotará a candidatura dun maior alcance

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, interveu esta mañá na Cidade da Cultura no Foro Mulleres Protagonistas
Publicado por o día 20/01/2021 na sección de Economía,Xunta de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, interveu esta mañá, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, no Foro Mulleres Protagonistas, no que se debateu sobre as oportunidades que ofrecen os fondos europeos Next Generation para impulsar o papel da muller no mundo empresarial e tecnolóxico. Conde asegurou que incorporar o talento feminino ás iniciativas e propostas galegas que se presenten dotará á candidatura galega dun maior alcance.

Así, o vicepresidente económico insistiu en que a igualdade de xénero ten que ser o principio transversal en todos os proxectos que se poñan en marcha a través destes fondos, pois supón unha oportunidade para avanzar como sociedade e para potenciar o crecemento económico. Conde lembrou que a candidatura galega, da que xa se presentaron ao Goberno central 108 propostas, está en curso, aberta a novos propostas, polo que o encontro desta mañá serviu para escoitar achegas e abordar, conxuntamente, calen son os retos e prioridades para encamiñar as actuacións da Administración galega.

O vicepresidente segundo explicou que, fronte a pandemia, a resposta sanitaria debe ir acompañada de medidas económicas. Neste sentido, os proxectos que se presentan aos fondos europeos teñen unha vocación transformadora do tecido produtivo e empresarial, pero tamén no eido medioambiental e social: “Significa apostar por proxectos que poñan o acento en derribar barreiras que aínda lastran o acceso das mulleres ao mercado laboral e a postos de dirección de empresas”, remarcou.

Galicia é a segunda comunidade onde ten un maior peso o emprego feminino (48,8%); preto do 58% da actividade emprendedora está liderada por mulleres e representan máis do 41% no sector da I+D, que conta cun 11% máis de mulleres investigadoras que hai 10 anos. Con estas cifras, Conde apostou por inxectar todo este talento feminino aos proxectos europeos nos que a colaboración é o piar fundamental.

Comentar noticia

Your email address will not be published.