Conde destaca o esforzo e o comportamento exemplar do comercio galego, ao que traslada o compromiso da Xunta de seguir ao seu carón

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro en liña co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, así como coas federacións provinciais e as asociacións de comerciantes
Publicado por o día 28/01/2021 na sección de Economía,Xunta de Galicia

Conde destaca o esforzo e o comportamento exemplar do comercio galego, ao que traslada o compromiso da Xunta de seguir ao seu carón

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde un encontro en liña co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, así como coas federacións provinciais e asociacións de comerciantes de Galicia. Durante a reunión, agradeceu o comportamento exemplar do sector, ao tempo que recoñeceu o esforzo e sacrificios que están realizando nestes momentos de restricións motivadas pola evolución da pandemia da covid-19.

Ante este contexto, Conde trasladou que a Xunta mantense ao carón do sector. Tamén se avaliaron medidas de apoio que contribúan a paliar esta difícil situación. Neste sentido, lembrou que o comercio pode acollerse ao segundo Plan de rescate para autónomos, pemes e microempresas que amplía o seu orzamento ata os 75M€, e que suman aos 86 millóns de euros do primeiro paquete de axudas.

Conde incidiu en que o obxectivo segue sendo consolidar un comercio galego forte, innovador e sostible, polo que se continuará traballando en liñas e medidas neste sentido, como as novas axudas para o E-commerce que en 2021 reservarán 4,5M€ para dar resposta aos novos hábitos de consumo dos galegos e galegas axudas directas e préstamos.