Conde incide en que Galicia necesita un prezo eléctrico estable e competitivo para as industrias electrointensivas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegura no Parlamento que as propostas do Goberno central son insuficientes
Publicado por o d√≠a 29/01/2020 na sección de Xunta de Galicia

Conde incide en que Galicia necesita un prezo eléctrico estable e competitivo para as industrias electrointensivas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, incidiu hoxe no Parlamento en que Galicia necesita un prezo eléctrico estable e competitivo para que as industrias electrointensivas poidan traballar en igualdade de condicións que o resto da industria deste ámbito en Europa, rebaixando a factura ata os 35/40 euros por MWh.

Na s√ļa intervenci√≥n, Conde sinalou que o Goberno leva m√°is dun ano ‚Äúpo√Īendo escusas‚ÄĚ para aprobar un Estatuto que asegure a continuidade dos 5000 postos de traballo que dependen do sector, moi especialmente de Alcoa San Cibrao. E indicou que, tras a reuni√≥n co secretario xeral de Industria do pasado xoves quedou constatado que as propostas inclu√≠das no Estatuto polo Goberno central son insuficientes, que non hai data para a s√ļa aplicaci√≥n e que non dan estabilidade.

O conselleiro de Econom√≠a, Emprego e Industria sinalou que o Goberno central non ten √° industria na s√ļa axenda pol√≠tica, e fixo fincap√© en que √© compatible o desenvolvemento da industria coa protecci√≥n ambiental, lembrando que Galicia traballa para favorecer o desenvolvemento das enerx√≠as renovables e contar en 2020 con preto de 4000 MW de potencia e√≥lica en 187 parques.

Conde tamén insistiu nas catro demandas prioritarias que a Xunta fixo, antes das eleccións xerais de novembro, en materia de enerxía: un prezo da enerxía viable para as industrias electrointensivas, unha transición enerxética xusta; unha poxa de enerxías renovables e a defensa do sector da automoción.

Comentar noticia

Your email address will not be published.