Condenan o escrache sufrido polo conselleiro de Sanidade e chaman ao diálogo

Por o 18/01/2019 | Sección: Cesm-Galicia,CIG,Sindicatos
Condenan o escrache sufrido polo conselleiro de Sanidade e chaman ao diálogo
A Delegación da Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia ‘condena rotundamente’ o escrache sufrido onte polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, á porta da súa casa, cando medio centenar de traballadores de ambulancias convocados pola CIG concentráronse durante unha hora gritando consignas, portando pancartas e realizando pintadas na fachada pedindo a súa dimisión, e fai un chamamento a que impere o diálogo.
 
O Sindicato Médico respecta plenamente o dereito dos traballadores para manifestarse e reivindicar cantas melloras consideren oportuno para o desempeño das súas funcións no seu posto de traballo, algo -afirma CESM- ‘que nós mesmos vimos realizando durante preto de tres décadas para mellorar as condicións dos profesionais’, aínda que critica as formas adoptadas onte polos convocantes do escrache, xa que ‘esas medidas de presión personalizadas e no ámbito privado de calquera persoa son intolerables’.
 
CESM defende e defenderá sempre as reivindicacións dos traballadores como fixo ininterrompidamente cos integrantes do Sindicato Médico, e lembra os últimos logros conseguidos, como o acceso á Carreira Profesional, a mellora do baremo para a contratación dos Facultativos Especialistas de Área e, esta mesma, os avances que se están producindo no plano da Atención Primaria, sempre polos leitos do diálogo e a negociación.
 
A Organización Sindical reitera, por último, que continuará defendendo os intereses dos seus asociados como fixo ata agora, negociando, dialogando e, cando sexa necesario, acudindo a manifestacións pacíficas ou chamando á folga, pero nunca utilizando medios de presión como o escrache.

Comentar noticia

Your email address will not be published.