Un condutor resultou ferido de consideración ao saírse da vía o vehículo que conducía en Mesía

Por o 08/02/2018 | Sección: Sucesos
Un condutor resultou ferido de consideración ao saírse da vía o vehículo que conducía en Mesía
Compartir en:

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron onte ao condutor dun turismo que resultou ferido de consideración tras saírse da vía co seu vehículo en Mesía.

O accidente produciuse ás 21:30 horas de onte na estrada que une a localidade coruñesa con Curtis, á altura da Igrexa de Cabrui.

Como consecuencia do impacto, o condutor recibiu un forte golpe na cabeza que lle deixou unha ferida profunda. Así, foi trasladado de inmediato por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.

Tamén desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pediuse a colaboración dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Betanzos, pois as persoas que acudiron a socorrer ao ferido aseguraban que estaba ademais atrapado no interior.

Finalmente, os bombeiros puideron sacar a persoa do vehículo sen a necesidade de empregar o material de excarceración.

 

Falece un operario na Coruña ao caer desde un decimocuarto piso

Un operario faleceu a pasada tarde na Coruña ao caer desde un decimocuarto piso a plataforma do ascensor que reparaba. Os feitos ocorreron na rúa de Ramón Pérez Costales, no número 2, ao redor das 19:15 horas.

Nese momento, un compañeiro do traballador contactou co 112 Galicia para dar conta do ocorrido. Indicaba no seu relato que a persoa atopábase atrapada polos ferros e inconsciente.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informaba do sucedido a Urxencias Sanitarias, á Policía Nacional, a Protección Civil e aos Bombeiros da Coruña.

Unha vez no edificio, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do operario, que faleceu no lugar do accidente laboral.