Conferencia sobre a “Intervención arqueolóxica nas obras de construcción do párking de A Palma en Baiona”, mañá no auditorio do Museo Casa ds Navegación de Baiona

O Museo Casa da Navegación de Baiona acolle mañá, 16 de febreiro, unha nova actividade do programa divulgativo “A Mar de Historias” ás 20:00 h.
Publicado por o día 16/02/2018 na sección de Baiona,Galicia

Conferencia sobre a “Intervención arqueolóxica nas obras de construcción do párking de A Palma en Baiona”, mañá no auditorio do Museo Casa ds Navegación de Baiona

O Museo Casa da Navegación de Baiona acolle mañá, 16 de febreiro, unha nova actividade do programa divulgativo “A Mar de Historias” ás 20:00 h.

Vicente Caramés Moreira, arqueólogo e actual director do Museo do Mar de Galicia, explicará o seu traballo no control arqueolóxico das obras de construción do parking da Palma en Baiona, con toda a problemática relacionada, así como os resultados do estudo posterior de materiais e información recuperada no transcurso dos mesmo, o que permitiu a localización de interesantes materiais de importación chegados polo comercio mariño.

A III edición do programa divulgativo A Mar de Historias pretende un formato flexible e aberto ao público nunha cita co autor e o seu relato, contado de forma atractiva e interesante. A flexibilidade céntrase na diversidade de temáticas tratadas: arquitectura, arte, arqueoloxía, historia, fotografía e toda obra cultural relevante para a Vila, susceptible de incrementar o coñecemento e aprecio da mesma.