Conferencia no Colexio de Arquitectos “A hora dos pobos”

Publicado por o día 06/06/2017 na sección de Cultura,Vigo

Conferencia no Colexio de Arquitectos “A hora dos pobos”

Esta semana decorrerán en Vigo e Compostela dúas charlas-coloquio organizadas por Mar de Lumes sobre os procesos de ruptura democrática co Estado español, que contarán coa presenza de dous convidados de excepción: o deputado catalán Albert Botran (CUP) e o dirixente abertzale e membro da área internacional de Sortu Niko Moreno.
Estes actos, que teñen como finalidade poñer en común as diferentes estratexias de ruptura que están a levar adiante as forzas independentistas bascas e catalás no contexto dun Estado español cada día máis homoxeneizador e agresivo, terán lugar este mércores día 7 de xuño en Vigo (Colexio de Arquitectos, r/ Doutor Cadaval, 5, ás 20h00) e o xoves día 8 en Compostela (Fac. Xeografía e Historia, aula 8, ás 18h30).
Ambas as charlas enmárcanse dentro da axenda solidaria que o Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes vén desenvolvendo en Galiza desde hai anos, e que ten como un dos seus elementos centrais o apoio aos procesos de emancipación nacional e autodeterminación dos pobos do mundo.