O Congreso aproba a PNL de En Marea para que se defina o que é a vivenda baleira e os concellos poidan facer recargos no IBI co obxecto de poñelas en aluguer

A iniciativa impulsada pola deputada Alexandra Fernández insta ao Executivo a definir o concepto de vivenda baleira con carácter permanente, algo pendente de desenvolver normativamente.
Publicado por o día 15/06/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

O Congreso aproba a PNL de En Marea para que se defina o que é a vivenda baleira e os concellos poidan facer recargos no IBI co obxecto de poñelas en aluguer

A Comisión de Facenda e Función Pública do Congreso aprobou a proposición non de lei da deputada de En Marea, Alexandra Fernández, para que o Goberno do estado regule a definición de vivenda baleira con carácter permanente e os concellos poidan facer recargos no IBI, de entre o 50 e o 75%, con toda a seguridade xurídica.

Neste sentido, a deputada de En Marea demandou a modificación da Lei  Reguladora de Facendas Locais, en concreto o artigo 72.4 para que se plasme a definición do que se considera unha vivenda baleira con carácter permanente. Alexandra Fernández explicou que caben criterios de índole temporal, fixándoos en vivendas desocupadas durante un tempo superior a un ano ou 22 meses.

Nun segundo punto, solicítase o cambio do artigo 74.2 da Lei para que se faga un IBI máis redistributivo, de xeito que os concellos poidan regular bonificacións de até o 90% nos casos de familias ou persoas que están en condicións económicas desfavorábeis.

O PP en contra, explicitando que fai unha cousa en Galiza e outra en Madrid

Fernández transaccionou  un acordo con PDeCAT e ERC que mantiña os plantexamentos de En Marea, únicamente recolleuse a situación de territorios como o catalán que xa teñen regulada a definición de vivenda desocupada. O PP e Ciudadanos votaron en contra a pesar de que o PP en marzo pasado respaldou a mesma iniciativa de En Marea no Parlamento galego. A pnl de En Marea recibiu o apoio de PSOE, ERC, PDeCAT e Compromís.

Na súa intervención no Congreso, Alexandra Fernández puxo de manifestó que “temos un serio problema co parque de vivendas no estado español, temos máis de 25 millóns de vivendas, que supón un dos ratios de vivenda por habitante máis altos da UE. En concreto en Galiza co 18% temos o maior índice de todo o estado”. Criticou o modelo económico baseado na burbulla inmobiliaria, ao que responsabilizou de deixarnos promocións desertas, rotondas que non levan a ningures ou centros urbanos completamente baleiros”.

A deputada de En Marea comparou a situación do estado español neste eido co que sucede en Europa. “A diferenza en relación á UE respeito a ese ratio, ten que ver con que aplicamos políticas en materia de vivenda completamente diferentes. No resto de Europa aplícanse políticas de fomento do aluguer, ou políticas de penalización das vivendas baleiras”. Así puxo exemplos: noutros países da UE como Dinamarca, póñense multas aos propietarios que teñan as súas vivendas máis de 6 meses baleiras. Ou en Franza onde se requisan vivendas que están máis de 18 meses baldeiras para poñelas en aluguer.

Explicou as razóns desta pnl, “que trata de propiciar que os concellos poidan facer políticas en materia de penalización de vivendas baleiras”. Pediu que se siga este modelo para empezar a cambiar o do estado español.

Fernández subliñou que “hai concellos que están a tratar de promover outro ipo de políticas en materia de vivendas pero se atopan cun problema: a  Lei Reguladora de Facendas Locais onde non desenvolveu no artigo 72.4 o concepto de vivenda desocupada con carácter permanente. Ao non estar definido este concepto existe un vacío legal que provoca inseguridade xurídica aos concellos”. O mesmo Goberno admite esta lagoa nunha resposta por escrito que “fixen hai pouco na que respostou que os concellos non poderán peder o recargo no IBI na correspondente ordenanza fiscal en tanto non se dicte o correspondente regulamento estatal.

A parlamentar de En Marea explicou que “propomos abordar esta cuestión en dous níveis. Unha para definir o concepto de vivenda baleira, utilizando o criterio temporal de máis dun ano ou 22 meses para que así se considere. E logo, nunha segunda parte pedimos que o imposto do IBI sex amáis redistributivo. Hai familias en dificuldades para rebaixar este imposto. Pedimos que se aplique un recargo de entre o 50 e o 75% nas vivendas baldeiras conforme ao tempo desocupado, ou o número de vivendas en propiedade, o que fai que se diferencia entre as vivendas en mán da Sareb ou unha persoa individual cunha única vivenda desocupada. Tamén debe influir o valor da vivenda”.

Sinalou neste sentido que “así recárgase máis aos grandes tenedores de vivendas e por outro lado, bonifícase ás persoas en situación económica desfavorábel”.

Aprofundando no tema, a deputada de En Marea chamou a atención sobre a necesidade de reordenar o parque de vivendas. Intervir e ordenalo, e pasar do modelo de compra ao e aluguer. O recargo promove a posta en aluguer de vivendas ao tempo que baixa os prezos, e haxa máis vivendas. O que vai na liña contraria do que está a propoñer o Ministro de Fomento no Plan de Vivenda”. Salienta Fernández que Íñigo de la Serna propón continuar subvencionando vivenda de protección oficial cando existe unha morea de vivendas baleiras. É dicer, continuar subvencionando vivenda de promoción e non penalizar as vivendas baleiras. Enfatizou que  a cuestión das vivendas baleiras é central para a reordenación das cidades.