O Congreso aproba a PNL presentada por En Marea relativa ao aumento da sinistralidade laboral

Yolanda Díaz destacou na súa intervención qué pasaría neste país se en lugar de morrer 500 persoas traballadoras, o fixeran 500 empresarios, seguro que cambiaría o marco normativo”.
Publicado por o día 14/02/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

O Congreso aproba a PNL presentada por En Marea relativa ao aumento da sinistralidade laboral

O Congreso dos Deputados aprobou hoxe, na Comisión de Emprego, co voto a favor de todos os grupos, a excepción do voto en contra do Partido Popular, a Proposición non de Lei presentada por En Marea relativa ao aumento da sinistralidade laboral.

Nesta iniciativa, defendida por Yolanda Díaz, ínstase ao Goberno, principalmente, a reformar a lexislación vixente para garantir que ninguna persoa traballadora realice o seu traballo sen protección efectiva, así como a implementar as medidas legais que garantan o desempeño profesional dos técnicos, a independencia dos servicios de protección e o establecemento de controis públicos que garantan a calidade das súas prestacións. En Marea tamén considera imprescindible incrementar as partidas destinadas á prevención de riscos laboráis.


Como indicou Yolanda Díaz na defensa desta iniciativa, a precaridade laboral mata, e convén que o PP revise a normativa existente, que só afonda nesta situación. Díaz Pérez criticou a actitude do Goberno, de costas á realidade dos datos de sinistralidade laboral no noso país, e fixo fincapé en que a situación sería diferente se “neste país en lugar de morrer 500 traballadores e traballadoras ao ano, morreran 500 empresarios/as, seguro que se modificaría o marco normativo e se destinarían máis recursos a esta lacra, que si ten resposables”.

A deputada de En Marea destacou que os datos son contundentes, cun incremento do 3,1% de accidentes laborais en relación ao ano anterior, co que algo se está facendo mal para que siga a aumentar a sinistralidade no traballo en lugar de reducirse”.

As dúas causas fundamentais desta situación son o marco normativo actual e a falta de recursos públicos para a prevención de riscos laborais. Así, Yolanda Díaz destacou na súa intervención que as dúas reformas laborais, a do PP e a do PSOE precarizan as relacións laborais, “e de maneira singular a do Partido Popular que laminou un elemento fundamental para a prevención de riscos laboráis como foi a negociación colectiva. O Goberno lexisla para individualizar as relacións laboráis e desde este marco é imposible atallar e prever os accidentes no traballo”.

A isto hai que engadir, como sinalou Yolanda Díaz, que “desde que no ano 1997 se externalizaron os servicios de prevención, e no ano 2014 aprobouse a Lei de Mutuas, mercantilizouse un elemento fundamental para as persoas traballadoras como é a prevención, e na actualidade xa 3 de cada 4 empresarios se acollen ao sistema privado de prevención, o que está a ver, como vemos, consecuencias moi negativas para as persoas traballadoras”.

A deputada de En Marea tamén destacou os recortes nas partidas orzamentarias nos programas de prevención e de seguridade e hixiene no traballo, que nalgúns dos programas se achegan ao 25% .
Así, as evaluacións son claras, hai un aumento considerable na siniestralidade laboral, con especial incidencia en certos sectores, de maneira singular entre a xente moza, sobre todo porque debido a situación de crise económica que vivimos, “a xente traballa nas condicións que sexan por medo a perder o traballo”.

Ao exposto, Yolanda Díaz engadiu a falta de partidas orzamentarias destinadas a investigación das enfermidade provocadas polo propio traballo, como é o caso da asbentose, entre outras, e que afectan a unha importante porcentaxe de traballadores en todo o estado.

Yolanda Díaz sentenciou que o que falta no noso país é una “cultura de prevención laboral, a precariedade laboral mata, e ademáis a siniestralidade laboral supón ás arcas públicas ao redor de 2 billóns de euros anuais”.