O Congreso aproba a proposta de En Marea para garantir o futuro de Alcoa

O Congreso aproba a proposta de En Marea de modificar o sistema de poxas de interrumpiblidade que está “deixando en xaque” a Alcoa
Publicado por o día 29/03/2016 na sección de En Marea,Política

O Congreso aproba a proposta de En Marea para garantir o futuro de Alcoa

A Comisión de Industria, Enerxía e Turismo aprobou hoxe por unanimidade a Proposición Non de Lei presentada por En Marea con Podemos e En Comú Podem, acerca dos incumprimentos dos gobernos do PP relativos a garantir as condicións das subastas para o servizo de interrumpibilidade do suministro eléctrico e a definición dun modelo enerxético galego social e sostible.

A encargada de defender a iniciativa foi a deputada de En Marea Yolanda Díaz, que sinalou “son os custes enerxéticos e financeiros, e non os laborais, os que están detrás do grave problema da industria enerxética destes país e concretamente da planta coruñesa de Alcoa”. “Non compartimos a proposta fallida do goberno en funcións do PP dende a propia lei do sistema eléctrico por ser ineficiente para reducir os custes enerxéticos e por ser profundamente opaco, especulativo e inxusto. É Juan Pueblo o que paga os custes destas enerxías. O sistema de interrumpibilidade non pode ser principal”, engadiu Díaz.

A maiores, o texto aprobado alerta de que a “pantasma da deslocalización planea cada ano sobre esta actividade económica sen que o goberno do PP defina un sistema de prezos que entregue estabilidade a esta actividade industrial e ao emprego asociado tanto directo coma indirecto”.

“Esiximos a definición dun modelo propio para Galicia como exportadora de electricidade que permita compensar dalgún xeito os excedentes que contribuímos ó conxunto do Estado. Non nos serve o sistema de interrumpibilidade. Hai múltiples fórmulas alternativas. Pedimos medidas que doten de estabilidade á industria pesada e que garantan o mantemento dos postos de traballo”, defendeu Yolanda Díaz.

PRENSA EN MAREA