Tras ser rexeitada na primeira ocasión, esta mañá En Marea volveu trasladar á Xunta de Portavoces do Congreso o debate e votación sobre a necesidade de constituir no Parlamento unha comisión de investigación que depure responsabilidades políticas sobre o accidente de Angrois e restitúa ás vítimas e á sociedade en xeral no seu lexítimo dereito a saber a toda a verdade do caso.
“ Coa proposta de crear unha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia en Angrois queremos evitar que que este tipo de catástrofes ferroviarias se volvan repetir, que os responsables non se vaian de rositas poñendo fin á impunidade política e, o máis importante, devolverlle a dignidade ás vítimas e á sociedade en xeral”, defendeu a portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, trala Xunta de Portavoces do Congreso.
A proposta de En Marea foi aprobada, cos únicos votos en contra do Partido Popular e, por primeira vez en case tres anos, o PSOE votou favorablemente. “Celebramos con cautela que o PSOE decidira romper con este asunto esa gran coalición de silencio que mantiña co PP e lamentamos que se En Marea non pelexara con insistencia por reabrir o debate, este tema quedaría enterrado para sempre ”, sinalou Fernández.
A proposta de En Marea será debatida en Pleno a próxima semana. “Agradecemoslle á Plataforma Víctimas Alvia 04155 toda a súa tenacidade para que o conxunto da sociedade poida levar a cabo este acto de reparación”, concluiu Alexandra Fernández.
PRENSA EN MAREA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.