O Congreso non aproba a iniciativa de En Marea para declarar o eucalipto especie invasora

O PP, Ciudadanos e o PSOE rexeitaron a proposición de En Marea que pedía a inclusión do eucalipto no catálogo de Especies Invasoras para frear o monocultivo do eucalipto.
Por o 28/06/2017 | Sección: En Marea,Política

A deputada Alexandra Fernández levou este mércores á Comisión de Agricultura a iniciativa de En Marea que pide engadir o eucalipto no catálogo de Especies Invasoras.

“O eucalipto xenera un problema ambiental que converte os terreos en espazos con escasa biodiversidade e agravan os problemas derivados dos incencios. É unha especie invasora e perxudicial para o noso monte e por iso debe ir no Catálogo”, asegurou a deputada.

O fomento da plantación do eucalipto supón tamén un costo de oportunidade, dado que “mentras se planta só eucalipto pérdese a oportunidade plantar especies autóctonas, outro tipo de cultivos que xeneren unha maior riqueza”, lamentou a parlamentar, que asegurou que a “política forestal e de ordenación do territorio foi nefasta en Galicia desde os anos 60 en Galicia, cando se comezaron a levar a cabo políticas de repoboamento para abastecer a ENCE”.

“Para que a ENCE lle saia a conta seguir coa pasta do papel ten que externalizar costes. Pagamos os servizos de extinción de incendios que provoca o monocultivo de eucalipto”, insistiu a deputada, que denunciou o “conflito de intereses”.

“Hai un conflito de intereses: o interés xeneral de reordenar os nosos montes e o interese de ENCE. Existe unha connivencia entre o poder político e o consello de administración de ENCE”.

A deputada lamentou a votación da Comisión, porque considera que “ a inclusión do eucalipto na catalogación de especie invasora é un primeiro paso, pero despois a Xunta ten que plantexar outra política de ordenación del territorio”.

Fernández lembrou que “os nosos compañeiros, veciños e irmáns de Portugal acaban de facer unha moratoria para non permitir seguir co cultivo de eucalipto porque acaban de chegar a un 9% do territorio invadido por esta especie. En Galicia chegamos ao 17% e ninguém está tomando en serio esta cuestión”.

“Seguirémonos rebelando e declarando aos nosos concellos libres de eucaliptos. Porque nós vemos vida onde vostedes ven negocio”, espetou a deputada aos deputados do PP.

A parlamentar lamentou tamén o voto en contra do PSOE e a ausencia no debate dos deputados socialistas, que sí votaron a favor no Parlamento galego.