O Congreso rexeita a iniciativa de En Marea para a participación do sector público nas empresas de distribución de enerxía

“Non debemos deixar unha rede estratéxica como é a de distribución en mans de fondos buitre de investimento ou de empresas estranxeiras”, asegurou a deputada Yolanda Díaz.
Por o 15/02/2018 | Sección: En Marea,Política
O Congreso rexeita a iniciativa de En Marea para a participación do sector público nas empresas de distribución de enerxía
Compartir en:

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, defendeu este mércores no Congreso a PNL de En Marea relativa á participación do sector público nas empresas de distribución de enerxía eléctrica.

“A participación do sector público nas empresas de distribución de enerxía é imprescindible. É unha cuestión estratéxica fundamental para o desenvolvemento industrial e social”, asegurou a deputada.

A iniciativa decaeu polos votos en contra do Partido Popular, do PSOE e de Ciudadanos.

“Non debemos deixar unha rede estratéxica como é a de distribución en mans de fondos buitre de investimento ou de empresas estranxeiras”, defendeu a deputada.

Díaz insistiu en que desde En Marea, con esta iniciativa, queríamos “asegurar o desenvolvemento de redes intelixentes, a xestión da demanda, o autoconsumo, e a integración de renovables e almacenamento a escala local”.

Ademais, en canto aos custos, “a cidadanía xa o paga no recibo da luz e coa propiedade tamén veñen os dividendos, polo que  se hai unha administración eficiente e polo tanto a posibilidade de ir recuperando parte deses custos”.

A deputada concluiu resaltando que non hai inseguridade xurídica en aplicar doutrina avalada polo TJE, “algo do que non pode presumir nin o PP nin tampouco o PSOE á vista da maraña regulatoria e as sucesivas sentencias en contra de tribunais nacionales e internacionales”.