Últimos avisos do tráfico en Vigo

Por o 24/08/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Últimos avisos do tráfico en Vigo
Compartir en:

Establecemento de sentido único na rúa Gerardo Campos número 2 e 8

Poñemos en coñecemento do público en xeral que para mellorar a circulación viaria modifícase polo Departamento de Seguridade e Mobilidade, a sinalización vial do seguinte xeito: establécese sentido único cara á subida á Ponte na rúa GERARDO CAMPOS, entre os números 02 e 08, dende o 7 de agosto de 2019 ás 10:00 horas.

Corte de tráfico na rúa Casal número 11 e 13

Por mor das obras de reparación de colector permanecerá cortado o tráfico na rúa Casal 11-13 por un periodo de dez días. Establecese dobre sentido de circulación exclusivo para residentes.

Corte tráfico, en horario nocturno, túnel de Beiramar

Dende o 20 de agosto de 2019 ata o 28 de agosto de 2019 , por mor da obra de sustitucion reixas transversais no túnel de beiramar, en horario nocturno (22:30 a 05:00), a realizar pola empresa Movimiento De Aridos Y Construcciones De Arosa S L , estará pechado ao tráfico, en horario nocturno (22:30 a 05:00 ), o TÚNEL DE BEIRAMAR, do seguinte xeito: 20/08 ramal de acceso en Areal ao lado mar. 21/08 ramal de acceso en Areal ao lado mar. 22/08 ramal de acceso en Areal ao lado mar. 23/08 túnel lado mar. 25/08 túnel lado mar. 26/08 túnel lado mar.

Corte tráfico Venezuela entre Gran Vía e México

Por mor da obra de humanizacion de Gran Vía. a realizar pola empresa Ute Contorno Gran Via , estará pechada ao tráfico a rúa VENEZUELA(RUA) N 51 (VIGO) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 26 de agosto de 2019 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Cortes de tráfico en horario nocturno de tuneles de Vigo

Por mor de labores de matemento a realizar pola empresa Ute Luz E Vigo , estará pechado ao tráfico os seguientes tuneles de Vigo en horario de 22:30-5:00 .

-Beiramar lado Terra: Peche luns 26 de agosto de 2019

-Beiramar lado Mar: Peche martes 27 de agosto de 2019

-Beiramar lado Terra: Peche mercoles 28 de agosto de 2019

-Martínez Garridoe Gregorio Espino: Peche xoves 29 de agosto de 2019

-Praza España e Praza América: Peche venres 30 de agosto de 2019

Corte tráfico Marqués de Valladares número 2

Por mor da obra de canalización de gas autorizada en exp 84272/250, a realizar pola empresa Nedgia Galicia S.A., estará pechada ao tráfico a rúa MARQUES DE VALLADARES Nº 2, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 26 de agosto de 2019 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: García Olloqui, Pza Compostela, Reconquista ou Carral, Victoria, Pza Compostela, Reconquista. Mentres dure o peche establécese sentido único na rúa Carral, treito entre Marqués de Valladares e Victoria, cara a Victoria.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

 

 

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.