A conselleira do Medio Rural clausurou esta tarde en Santiago a I xornada técnico-económica que organiza a sociedade cooperativa gandeira CLUN

Publicado por o día 23/03/2017 na sección de Galicia,Santiago,Vigo,Xunta de Galicia

A conselleira do Medio Rural clausurou esta tarde en Santiago a I xornada técnico-económica que organiza a sociedade cooperativa gandeira CLUN

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, clausurou a tarde de onte en Santiago a I xornada técnico-económica que organiza a sociedade cooperativa gandeira CLUN. Alí sinalou que grazas ao esforzo de todos os gandeiros galegos, a produción láctea na nosa comunidade medrou no último ano un 0,77%, por riba da media da UE, ao igual que os prezos que manteñen unha liña ascendente dende os últimos seis meses.

Para que esa tendencia siga sendo positiva e o sector teña futuro, a titular de Medio Rural avanzou que antes de que finalice o mes de marzo sairá publicada novamente a orde de axudas para modernización de explotacións, incorporación de mozos e pequenas explotacións, por un importe de 65 millóns de euros, 5 máis que en 2016.