O conselleiro de Sanidade aposta pola abordaxe multidisciplinar no ámbito da coloproctoloxía

Jesús Vázquez Almuiña, presidiu hoxe a inauguración das XXV Xornadas Internacionais de Coloproctoloxía
Publicado por o día 16/02/2017 na sección de Sanidad,Vigo,Xunta de Galicia

O conselleiro de Sanidade aposta pola abordaxe multidisciplinar no ámbito da coloproctoloxía

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu hoxe a inauguración das XXV Xornadas Internacionais de Coloproctoloxía, onde salientou que dende que a proctoloxía actual comenzara a desenvolverse, na segunda metade do século XIX, o nivel de coñecemento e a súa aplicación práctica son cada vez maiores e máis sofisticados.

Esta maior complexidade, observou,  fixo que para abordar estas enfermidade se teña que recorrer a equipos multidisciplinares, nos que coexisten múltiples áreas de coñecementos, de aí a necesidade da creación de unidades de coloproctoloxía nos servizos cirúrxicos, unha práctica que está moi estendida nos hospitais españois. Segundo explicou, o eido da cirurxía coloproctolóxica viuse revolucionado nas últimas décadas polo desenvolvemento e aplicación de novas tecnoloxías e técnicas, o que determinou numerosos progresos en diversas áreas ata chegar a constituír unha especialidade da cirurxía xeral.

Neste sentido, no século XX se crearon sociedades científicas nacionais e internacionais na materia e se cambiou a denominación de proctoloxía por coloproctoloxía con criterios científicos, dado que colon, recto e ano son considerados una unidade anatómica e funcional indivisible desde todo punto de vista, declarou.

Quizais, opinou Vázquez Almuiña, a importancia actual da coloproctoloxía ven determinada polo número de pacientes, a influencia psicolóxica nos operados e familiares e as súas repercusións económicas e sociais.

“Se analizamos a evolución histórica da proctoloxía, desde o cauterio á cirurxía robotizada, chegamos á consideración da importancia destas patoloxías, non só pola súa frecuencia, senón pola repercusión dos seus síntomas e a súa influencia na vida e actividade social do home”, concluíu.