O conselleiro de Sanidade aposta por unha atención primaria máis cercana á cidadanía e máis proactiva

“Cremos que é necesario ter unha atención primaria máis cercana á cidadanía, máis proactiva, capaz de resolver, como ten demostrado ata a data, unha gran porcentaxe da patoloxía máis frecuente que recibe, pero tamén que realice un seguimento activo dos pacientes, que consiga adiantarse, evitar as reagudizacións ou agravamentos que se producen nos pacientes crónicos e máis fráxiles”
Publicado por o día 07/05/2017 na sección de Sanidad,Vigo,Xunta de Galicia

O conselleiro de Sanidade aposta por unha atención primaria máis cercana á cidadanía e máis proactiva

Cremos que é necesario ter unha atención primaria máis cercana á cidadanía, máis proactiva, capaz de resolver, como ten demostrado ata a data, unha gran porcentaxe da patoloxía máis frecuente que recibe, pero tamén que realice un seguimento activo dos pacientes, que consiga adiantarse, evitar as reagudizacións ou agravamentos que se producen nos pacientes crónicos e máis fráxiles”. Así o manifestou o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Jesús Vázquez Almuiña, no acto de clausura do V Congreso Nacional Semergen de Pacientes Crónicos.

O conselleiro lembrou que a cronicidade supón un dos desafíos máis importantes para os sistemas sanitarios en España e en Europa. “Na nosa Comunidade este problema é máis acentuado debido a distintas particularidades específicas da nosa poboacion. En primeiro lugar, o elevado envellecemento poboacional fai que a porcentaxe de persoas que superan os 65 anos se acheguen ao 25% (dos maiores de Europa), superando na provincia de Ourense o 30%. En segundo lugar, a elevada dispersión xeográfica supón maiores dificultades para a prestación de servizos de atención sanitaria. Outro aspecto importante á hora de entender o desafío da cronicidade é o cambio na estrutura familiar que pasou de familias extensas hai uns anos a estruturas familiares máis pequenas (en Galicia hay na actualidade 50.000 persoas de máis de 65 anos que viven soas e 300.000 maiores que viven coas súas parellas da mesma idade. Esto fai que a resposta non debe nin pode ser so sanitaria, senón socio-sanitaria”, -dixo Almuiña-.

A abordaxe integral e coordinado cos recursos sociais do ámbito onde viva a persoa permitirá ofrecer unha atención de maior calidade, incorporando, por medio dos activos sociais, a resposta máis adecuada ás necesidades dos pacientes. Neste senso, dende atención primaria debe liderarse este cambio de modelo. Necesitamos unha atención primaria máis unida e mellor coordinada cos recursos sociais da área de influencia de cada centro de saúde. A enfermería de atención primaria exercerá un labor fundamental neste cometido, xunto cos profesionais de traballo social dos centros. Este traballo en equipo é unha das garantías do éxito na abordaxe da cronicidade”, -concluíu o conselleiro-.