O conselleiro de Sanidade asiste á toma de posesión da nova xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde

Por o 20/02/2018 | Sección: Sanidad
O conselleiro de Sanidade asiste á toma de posesión da nova xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde
Compartir en:

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, presidiu hoxe o acto de toma de posesión de Beatriz Allegue Requeijo como nova xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS).

A nova xerente de ACIS é licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria do corpo de letrados da Xunta de Galicia dende 2005. Dende 2013 e ata a actualidade exerceu como letrada xefe do Gabinete de Asesoramento e apoio á actualización normativa na Asesoría Xurídica Xeral. Neste posto, especializouse en temas de I+D, especialmente na análise de normativa sobre a materia, proxectos de contratación pública de innovación, spin-off, transferencia inversa, proba de concepto ou valorización e transferencia tecnolóxica.

Tamén foi coordinadora do grupo de traballo da Guía de Boas Prácticas de contratación pública innovadora da Comunidade Autónoma de Galicia, e profesora formadora na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e na anterior Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS).