O conselleiro de sanidade «move ficha» tras as protestas sindicais

As mobilizacións iniciadas polos sindicatos forzan a Jesús Vázquez Almuiña a convocar os axentes sociais a unha xuntanza o vindeiro día 9
Publicado por o día 01/02/2017 na sección de CC.OO,CIG,Galicia,Protestas,Sindicatos,UGT,Vigo

O conselleiro de sanidade «move ficha» tras as protestas sindicais

Comisións Obreiras (CCOO) congratúlase dos resultados da campaña de mobilizacións iniciadas polos sindicatos da sanidade. Tras as primeiras protestas sindicais, o conselleiro Jesús Vázquez Almuiña «move ficha» e convoca a CCOO, CIG, UGT, CSI-F e SATSE a unha xuntanza o vindeiro día 9 de febreiro, ás 17 h, na Consellaría.

Para Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade, deben acabar os recortes que prexudican tanto ás traballadoras e traballadores como a usuarias e usuarios do sistema público. «Estas políticas non poden continuar nin un día máis», asevera o sindicalista.

O voceiro de CCOO avanza que o sindicato acudirá á reunión con Vázquez para esixir centros sanitarios con dotación material e humana suficiente, «sen caos nas urxencias» e sen as listas de espera «escandalosas». Así mesmo, pedirá a restitución dos dereitos salariais e sociais arrebatados ás traballadoras e traballadores do ámbito público e que as medidas que afecten ao persoal se negocien, «abandonando así a imposición dos últimos oito anos».