A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 horas de hoxe

Permanece estabilizado o lume de Verín-Vilamaior que, segundo as últimas estimacións, mantense en 1.360 hectáreas
Por o 05/08/2017 | Sección: Medio Ambiente
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 horas de hoxe

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Verín-Vilamaior

Estabilizado o lume do concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior. Este incendio comezaba ás 16,30 h. do xoves e segue evolucionando favorablemente. No seu control levan traballado 5 técnicos, 58 axentes, 104 brigadas, 68 motobombas, 6 pas, 18 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Laza e bombeiros comarcais da zona. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 1.360 hectáreas.

Pantón-Toldaos

Quedou controlado ás 18,17 h. o lume rexistrado no concello lugués de Pantón, parroquia de Toldaos. Comezaba onte ás 15,20 h. e, segundo as últimas estimacións, afectou 248,96 hectáreas, 191,59 de monte raso e 57,37 de arborado. Na súa extinción traballan 12 axentes, 34 brigadas, 20 motobombas, 3 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.