A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 horas de hoxe

A superficie afectada no lume de Verín-Vilamaior mantense, segundo as últimas estimacións, de 1.360 hectáreas
Por o 05/08/2017 | Sección: Medio Ambiente
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 horas de hoxe

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 h. de hoxe.

Verín-Vilamaior

Continúa desactivada a Situación 2 no lume do concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior, ao non haber perigo para os núcleos de poboación da zona afectada. Este incendio comezaba ás 16,30 h. do xoves e segue evolucionando favorablemente. No seu control levan traballado 5 técnicos, 53 axentes, 93 brigadas, 61 motobombas, 6 pas, 18 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Laza e bombeiros comarcais da zona. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 1.360 hectáreas.

Pantón-Toldaos

Quedou estabilizado ás 04,32 h. o lume rexistrado no concello lugués de Pantón, parroquia de Toldaos. Comezaba onte ás 15,20 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta 200 hectáreas. Na súa extinción traballan 9 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 1 pá, 11 helicópteros e 2 avións.

Xinzo de Limia-Damil

Está controlado dende as 01,50 h. o incendio forestal do concello ourensán de Xinzo de Limia, parroquia de Damil, que comezou ás 16,50 h. de onte. Segundo as últimas estimacións afecta 30, 01 hectáreas, 30 de monte raso e 0,01 de monte arborado. No seu control traballan 4 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.

Lobios-Araúxo

Quedou extinguido ás 04,00 h. o lume que comezaba ás 14,04 h. de onte no concello ourensán de Lobios, parroquia de Araúxo. Segundo as últimas estimacións afectou unhas 40 hectáreas, 38 delas de monte raso e outras dúas de arborado. No operativo traballaron 4 axentes, 18 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 9 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.