Medio Rural mantén ata novo aviso a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais pola variabilidade das previsións meteorolóxicas

De acordo coas previsións do tempo para os vindeiros días, non se concederán comunicacións nin autorizacións
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Medio Ambiente

Medio Rural mantén ata novo aviso a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais pola variabilidade das previsións meteorolóxicas

A Consellería do Medio Rural informa de que as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguen prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días.

A decisión tomouse tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas así o estimen.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, tanto ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado como a través do teléfono anónimo de denuncias destas condutas, o 900 815 085. Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.