A Consellería de Educación modifica a adscrición na cidade de Vigo de xeito irregular

Comunicado de FOANPAS
Publicado por o día 02/02/2017 na sección de Vigo,Xunta de Galicia

A Consellería de Educación modifica a adscrición na cidade de Vigo de xeito irregular

FOANPAS ven a facer un comunicado onde din que a Consellería de Educación ven de modificar a adscrición, na nosa cidade, de xeito totalmente irregular.

“Perxudica ás familias, de novo, sen procurar unha solución para o problema que padecemos pola obsolescencia do seu traballo. Modifica a adscrición ou di que a modifica, porque o fai sen seguir os trámites que a propia normativa establece e sen achegar ningunha constancia por escrito. En primeiro lugar, as súas decisións non son avaladas por ningún estudo técnico: son arbitarias e inxustas. En segundo lugar, impón as súas decisións sen seguir os cauces legalmente establecidos para facelo, e sen pasar a súa proposta polo Consello Escolar Municipal. É dicir, da un novo paso: leva tempo ninguneando ás familias, pero agora tamén ningunea ás institucións. Publica o cambio directamente a través das páxinas web dos centros implicados… vergoñante!,” – din desde FOANPAS.

Desde FOAMPAS manifestan que meses despois “seguimos a preguntarnos cales son as razóns que impiden que a Administración faga o seu traballo; cales os motivos que fan que o que pedimos, algo tan sinxelo coma un estudo técnico que racionalice a zonificación e a adscrición na nosa cidade, sexa realmente inasumible, aínda que se prometa”.