A consellería de Medio Rural segue sen pagar ao persoal dos cursos de Formación continuada do agro galego pese ao compromiso da conselleira de que se lles pagaría a principios de xuño

En Marea considera inaceptable que estes traballadores continuen sen cobrar por un traballo realizado hai xa ano e medio
Publicado por o día 05/07/2017 na sección de En Marea,Política

A consellería de Medio Rural segue sen pagar ao persoal dos cursos de Formación continuada do agro galego pese ao compromiso da conselleira de que se lles pagaría a principios de xuño

En Marea reclamou, unha vez máis, á Xunta de Galicia que se lle pague ao persoal que desenvolveu cursos dentro do Plan de Formación continuada do agro galego o ano pasado. O pasado 24 de maio a Consellería comprometerase a pagar cando pagaría en menos de 15 dias, algo que non aconteceu e estas persoas seguen sen cobrar polo traballo feito. Nunha pregunta rexistrada no Parlamento o grupo pide explicacións ao Goberno galego por este este novo atraso.

A deputada de En Marea no Parlamento, Paula Quinteiro, destacou que este Plan de Formación é unha actividade dirixida a mellorar a formación técnica das persoas que se dedican a Agricultura no noso País e levouse a cabo a través de diferentes unidades administrativas da Consellería de Medio Rural. A circular que regula este Programa ten data de 19 de xaneiro de 2016, a data límite de presentación de propostas para o 1º semestre do 2016 remataba o 31 de xaneiro, ampliándose posteriormente o prazo ata o 29 de febreiro e comezando a realización dos cursos no mes seguinte. Polo tanto, hai persoal docente que leva aproximadamente 16 meses sen cobrar.

O 2 de Marzo o grupo de En Marea preguntou na comisión de Medio Rural por esta cuestión e o Director Xeral de Ordenación Forestal, comprometíase a resolver a situación con brevidade. Dous meses e medio despois, concretamente o 24 de Maio, a situación non mudara, e o grupo parlamentario trasladou novamente a pregunta ao Pleno da Cámara, onde a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázuqez, afirmaba que se abonarían os pagos pendentes antes de 15 días. “A día 5 de Xullo as persoas seguen sen cobrar, situación que é totalmente inaceptable” afirmou a deputada de En Marea.

Por todo o isto e ante este novo incumprimento por parte da Consellería, En Marea preguntará unha vez máis no Parlamento de Galicia:

1. A que se debe o incumprimento da afirmación da Conselleira feito o 24 de Maio, onde se decía que se abonarían os atrasos en menos de 15 días?

2. Cando abonarán definitivamente os pagos atrasados?