O Consello de Contas censura no seu informe anual a mala praxe das contas sanitarias en Galicia

Publicado por o día 03/08/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política,Sanidad

O Consello de Contas censura no seu informe anual a mala praxe das contas sanitarias en Galicia

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, explicou en rolda de prensa as numerosas chamadas de atención que o informe do Consello de Contas sobre o gasto sanitario en Galicia. Solla salientou sobre todo catro puntos nos que a institución de control galega considera que a Xunta non está cumprindo nin co control de gasto nin coa transparencia administrativa.

A deputada por En Marea sinalou durante a rolda de prensa que o informe do Consello de Contas sobre a xestión do SERGAS é “un informe que demostra que todas as reclamacións que levamos tempo facendo son correctas e que dan a razón ás traballadoras da sanidade pública deste país”.

En primeiro lugar a deputada de En Marea constatou o cambio de modelo sanitario porque a atención primaria “volve a sufrir un recorte segundo este informe dun 5,8%, a saúde pública so representa xa un 1,7% o que evidencia o cambio claro de modelo sanitario”.

Maior temporalidade do persoal
Para Eva Solla, o informe de fiscalización do Consello Consultivo dá a razón ao persoal sanitario galego que denuncia cada ano a precariedade do emprego no SERGAS, “o informe do consello traslada un índice de temporalidade na atención primaria dun 23,8% e en especializada nun 34,5%”. Isto significa que un terzo do persoal da sanidade pública “está en situación de temporalidade no seu traballo”. O informe tamén sinala que o aumento da precariedade laboral “trasládase nunha dominución  interanual de 638 efectivos de persoal con praza en propiedade e un incremento dun 9,3% de eventuais e de 458 interinos”. Para En Marea ten que ter un “método de correción nos vindeiros orzamentos e imos defender as partidas necesarias para políticas de emprego que dean estabilidade no emprego ao SERGAS”.

Solla pediu a comparecencia do conselleiro de Sanidade e pedir desculpas polo baleiro que fixo todo este tempo ás centrais sindicais e ás traballadores do sector sanitario en Galicia que denunciaba a precariedade coa que está levando a cabo as súas tarefas”.

Incumprimento orzamentario
Sinalou tamén a parlamentaria de En Marea que un aspecto salientable sobre a xestión e a planificación, o informe reitera que a Xunta “fai caso omiso das recomendacións e as advertencias do Consello de Contas”. Solla citou textualmente o que di o informe sobre o SERGAS: “a limitada capacidade do orzamento como instrumento de previsión e control do gasto, a permanente insuficiente estrutural dos créditos iniciais para dar cobertura ás obrigas de cada exercicio e que se recorre de forma periódica a xerar gasto que excede ás consignacións orzamentarios”. Solla aseguro que isto significa “un grado elevadísimo de opacidade por parte da Xunta e un incumprimento continuo do orzamento”. Engadiu que o orzamento que se dabate “cada no na Cámara é incumprido sistematicamente de tal xeito que a Xunta se ve obrigada a implialo con diversas fórmulas denunciadas polo propio Consello”.

Máis gasto na privada

Eva Solla explicou tamén como o Consello Consultivo afea a conduta ao SERGAS polo maior gasto en medicina privada, “este ano que recolle o informe o gasto acadou o 0,9% un gasto que ademais non ten control ningún por parte da Xunta”. Este incremento supón que a Xunta “minte todos os anos nas comparecencias orzamentarias cando di que cada vez gasto menos na privada”. Esta situación é grave para En Marea porque significa que se estes “concertos teñen carácter estrutural quere dicir que a sanidade pública non podería prescindir destes concertos sen acometer reformas no seu sistema”.

Opacidade das fundacións públicas

O consello advirte de que existe limitación na capacidade de coñecer os distintos criterios de financiación de entidades como Galaria ou o 061 e que, segundo o propio informe, “produce unha distorsión no orzamento do SERGAS”. A consellería está rexistrando como gastos en ben correntes e servizos algo que son transferencia de capital, “un ano máis se denuncia a mesma circunstancia e non sucede nada, polo que En Marea defende que todas estas entidades deben integrarse definitivamente no Servizo Galego de Saúde para eliminar o niño escuridade que ten a Xunta de Galicia”.

Máis gasto en altos cargos

Segundo o propio informe do Consello Consultivo, durante 2015 o SERGAS incrementou en un 9,8% en gasto en altos cargos, “isto tira por terra absolutamente a teoría de Sanidade de que a fusión das xerencias dos diferentes hospitais ía servir para diminuir o gasto en altos cargos”. Entre 2012 e 2015 se incrementou un 9,1%. É falso o argumento de que a unificación de xerencias reducirse o gasto en altos cargos e xa foi denunciado por En Marea en reiteradas ocasións.

Modificación da Lei de Saúde para reducir áreas sanitarias

A redución de áreas sanitarias que está propoñendo a Xunta na modificación da Lei da Saúde de Galicia “será totalmente prexudicial para os servizos sanitarios galegos e un atropelo aos dereitos da cidadanía en materia sanitaria”.