Consellos da OCU para utilizar disfraces e maquillaxes de Halloween con seguridade

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) ofrece a quen celebre a festa de Halloween unha serie de consellos para gozar destes días sen riscos e sen gastar de máis
Publicado por o día 26/10/2018 na sección de Hogar,OCU,Social

Consellos da OCU para utilizar disfraces e maquillaxes de Halloween con seguridade
Unha boa maquillaxe é o mellor aliado para conseguir unha caracterización acertada, pero OCU lembra os produtos de maquillaxe conteñen substancias químicas que non son inocuas e ás veces poden dar lugar a reaccións alérxicas ou de sensibilidade, sobre todo na pel de nenos pequenos.
Para evitalo, OCU recomenda ter en conta os seguintes consellos:
  • Non utilizar a maquillaxe en cantidades excesivas.
  • Limpar ben a pel cando o retiremos, sen que queden restos.
  • Ante calquera reacción ( picor, enrojecimiento…), eliminar a pintura e aclarar ben con auga.
  • Coidado cos esmaltes, pois teñen disolventes que poden ser perigosos. Especialmente cos nenos, que adoitan levar as mans á boca.
  • Optar por unha perruca, pano ou gorro de cor, no canto dun spray para tinguir o pelo.
  • Evitar as maquillaxes que inclúan na súa composición algúns parabenos ( propil e butilparaben) e que leven fragrancias, xa que moitas son substancias potencialmente alergénicas. E por suposto, tamén aqueles que non indican que teñen na súa composición.
  • Coidado coas lentes de contacto de fantasía: ollos de serpe, de zombi, de vampiro… Nunca deben comprarse por internet, bazares ou tendas de disfraces. Unicamente poden dispensarse en tendas físicas que conten cun profesional óptico optometrista, que supervise a venda e garanta que non se pon en risco a saúde dos ollos. Ademais, é importante seguir as recomendacións dos expertos para evitar correr riscos con estas lentes de contacto cosméticas.

Disfraces que asusten, pero que sexan seguros

Se se compra un disfrace para o neno, OCU recomenda lavalo antes de utilizalo ou, polo menos, deixalo aberto, aireándose, polo menos 48 horas, co fin de limitar a presenza de substancias potencialmente perigosas. En calquera caso, OCU lembra que un disfrace seguro debe:

  • Estar elaborado en material que non sexa inflamable.
  • Para os nenos máis pequenos, de menos de 3 anos, é importante asegurarse de que non hai partes pequenas, ou elementos do disfrace que poida chegar a tragar ou introducir no nariz.
  • Se ten carapucha, careta ou máscara, asegurarse de que non limita a visión.
  • Se o vestido é longo, non debe superar os nocellos do neno, para que non llo pise e tropece.
  • Os accesorios deben ser de goma, nunca metálicos.
Para aqueles que decoran a casa para a ocasión, OCU tamén ofrece unha serie de consellos prácticos de seguridade e aforro:
  • Coidado coas velas: ademais do risco de incendio, poden emitir substancias perigosas: OCU recomenda escoller as menos perfumadas, ventilar a habitación e evitar que estean ao alcance dos máis pequenos.
  • Non caer no consumismo excesivo que acompaña todas estas festas “prefabricadas”: No canto de comprar pratos, servilletas ou guirnaldas temáticas dun só uso, que non son baratas e non se poderán reutilizar, OCU recomenda elixir produtos reutilizables, naturais, auténticas cabazas da frutería, follas caídas das árbores, piñas…ou pedir aos máis pequenos que fagan eles mesmos os seus debuxos e decoren a casa.
  • Aproveitar as tardes chuviosas en casa para facer traballos manuais: por exemplo, o rolo de papel hixiénico pode ser unha pantasma para decorar, un envase de iogur pode converterse con papel e con pinturas nun morcego… Tamén é bo momento para preparar doces caseiros ou pratos “temáticos”: as cabazas, de plena tempada, poden ser protagonistas dunha riquísima cea.

Comentar noticia

Your email address will not be published.