Consellos de OCU para previr riscos durante a onda de calor

A primeira onda de calor do ano xa chegou. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) advertiu que, a partir de hoxe, os termómetros alcanzarán durante toda a semana temperaturas extremas que poden chegar a superar os 40º C.
Publicado por o día 26/06/2019 na sección de OCU,Social

Consellos de OCU para previr riscos durante a onda de calor

A primeira onda de calor do ano xa chegou. A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( AEMET) advertiu que, a partir de hoxe, os termómetros alcanzarán durante toda a semana temperaturas extremas que poden chegar a superar os 40º C. Ante esta situación, OCU ofrece algunhas sinxelas medidas de prevención que axudarán a facer fronte á calor extrema e evitar así riscos para a saúde
OCU lembra 10 consellos básicos:
1. Estar atento aos grupos de risco. Os bebés e os nenos pequenos, as persoas maiores ou os enfermos crónicos requiren unha especial atención cando fai calor.
 
2. A hidratación é fundamental. Beber auga e líquidos a miúdo. Non é conveniente abusar das bebidas con cafeína, nin dos refrescos azucrados. Evitar o consumo de alcol, que acelera a deshidratación.
 
3. Vixiar as comidas. É recomendable evitar grandes enchentes, distribuíndo as comidas en inxestas máis pequenas ao longo do día. Elixir pratos lixeiros que tamén contribúan a manterse hidratado. Ensaladas, froita, sopas frías como o gaspacho, deben ocupar un lugar preminente nos menús estivais.
 
4. Protexerse do sol. Usar crema solar con xenerosidade e repetir a aplicación varias veces ao día. Cos nenos, convén extremar as precaucións, cun factor de protección elevado, evitando que estean ao sol desprotexidos durante moito tempo. Na praia, a piscina ou o parque, a protección da antuca non é suficiente, pois esta deixa pasar unha parte da radiación ultravioleta, así que é necesario usar protección, aínda que non se estea de forma directa ao sol.
 
5. Mellor á sombra. Hai que procurar permanecer en lugares frescos, á sombra ou climatizados e evitar expoñerse á calor cando non sexa necesario, especialmente nas horas de calor é máis intenso.
 
6. Deporte…con cabeza. Moitos aproveitan as vacacións para dedicarse aos seus deportes favoritos, pero cando fai moita calor hai que reducir a actividade física e evitar realizar deportes ao aire libre nas horas centrais do día.
 
7. Vestido fronte á calor. Usar roupa lixeira, folgada, de tecidos transpirables. Elixir calzado cómodo, que deixe “respirar” os pés e que non faga dano.
 
8. Ollo ao coche. Convén ter unha boa temperatura interior, pois a calor excesiva provoca somnolencia (e os consecuentes accidentes). Ter especial coidado con nenos, maiores ou enfermos, e tamén coas mascotas: o golpe de calor pode ser fatal. Convén ter tamén en conta, no caso de coches detidos, que estes poden alcanzar grandes temperaturas en só uns minutos.
 
9. Caixa de primeiros auxilios. Manter as medicinas nun lugar fresco, para que non lles afecte a calor. Aínda que moitas aguantan perfectamente temperaturas elevadas, outros fármacos son especialmente sensibles aos graos de máis.
 
10. Se fai falta, acudir ao médico. Ante a aparición de síntomas que poidan ser provocados polas altas temperaturas (secura, pel arroibada, pulso débil e/ou acelerado, dor de cabeza, malestar xeral, confusión, etc.), non dubidar en solicitar asistencia médica.