Consideran horrible que a lei permita aos partidos políticos crear censos ideolóxicos

A asociación advirte de que a nova Lei de Protección de Datos podería ser inconstitucional e rexeita categoricamente que se poida facer ‘spam’ telefónico con fins electorais.
Por o 21/11/2018 | Sección: FACUA,Política,Social
Consideran horrible que a lei permita aos partidos políticos crear censos ideolóxicos
FACUA-Consumidores en Acción rexeita rotundamente o Proxecto de Lei de Protección de Datos que tramita o Senado dado que abre a porta a que os partidos políticos poidan crear censos de cidadáns baseados na súa ideoloxía segundo as manifestacións feitas en redes sociais ou páxinas web. A asociación considera de extrema gravidade que se permita que as agrupacións poidan elaborar bases de datos de cidadáns afíns ou opositores sistematizadas por datas, nomes e tipo de ideoloxía. Así, calquera opinión nunha rede social podería ser recompilada e asignada a unha ideoloxía política específica sen que o afectado fose consciente diso.
 
A asociación tamén mostra a súa máis profundo rexeitamento á posibilidade que permite o texto en tramitación no Senado de facer spam telefónico con fins electorais, isto é, enviar propaganda electoral sen consentimento previo a calquera cidadán ou cidadá por calquera medio de comunicación directa, como mensaxes de WhatsApp, redes sociais, SMS, etc a partir da información que recompilen en páxinas web “e outras fontes de acceso público”.
 
FACUA considera que a mera existencia deste tipo de bases de datos de cidadáns catalogados pola súa propia ideoloxía é impropia de países democráticos que defenden a liberdade de expresión, polos perigos de utilización que entrañan. É extremadamente grave que se poida abrir a porta á manipulación dos partidos na súa carreira á conquista do poder a través de técnicas de márketing na orientación ao voto da cidadanía, senón que ademais eses censos poderían ser utilizados con outros fins torticeros como a asignación de empregos na Administración pública ou o veto nos mesmos.
 
A asociación advirte de que a nova lexislación podería ser inconstitucional, contraria aos artigos 16.2 (“Ninguén poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenzas”) e 18.4 (“A lei limitará o uso da informática para garantir a honra e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos”) da Constitución española.
 

Actualización da Lei de Protección de Datos

 
A orixe da modificación que agora está pendente da súa aprobación polo Senado é a necesidade de actualizar a Lei de Protección de Datos, para transponer o Regulamento Xeral de Protección de Datos europeo, de recente entrada en vigor. Este Regulamento prohibe a recompilación de información relativa á ideoloxía da cidadanía na internet sen expreso consentimento previo para as comunicacións comerciais das empresas. Na súa elaboración da nova lei española, o PSOE engadiu unha excepción para escapar ao veto da normativa europea. Esta excepción está recollida na disposición final terceira do texto, que introduce un novo artigo 58 bis na Lei do Réxime Electoral Xeneral.
 
FACUA confía en que finalmente os partidos que teñen que votar o Proxecto de Lei no Senado comprendan a gravidade do que propón o novo regulamento e impidan que saia adiante a través da aprobación dunha emenda transaccional renunciando a aprobar a Disposición final Terceira e que eviten que haxa que recorrer ao Tribunal Constitucional para defender que se sigan respectando os dereitos máis básicos da cidadanía.

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "Consideran horrible que a lei permita aos partidos políticos crear censos ideolóxicos"

  1. Gamela   23/11/2018 at 4:05

    Hai tempo que vivimos nunha Partitocracia, o 15M puxo de manifesto que isto ao que chamamos democracia non o é, pero como podemos ver mesmo os partidos que naceron á sombra do movemento cidadán 15M están virando en redondo e prefiren instalarse no poder (onde teñen soldos de fábula e poden acceder aos privilexios inmerecidos de se converter en Caste Política!)

    O Tribunal Constitucional deberá protexer os nosos dereitos, o malo deste conto é que o TC non é precisamente un lugar accesible para as clases populares, agás que a reclamación a fagan asociacións de electores en perído electoral e por vía de urxencia denunciando violación de dereitos e liberdades básicas protexidas pola Constitución… Unha asociación de consumidores non será atendida polo alto tribunal.

    Habería que constituir un partido ou plataforma electoral para poder impugnar por vía de urxencia esta reforma express da propia Lei Electoral, do contrario podemos darnos por fodidos !!!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.