Consideran que o anuncio do SERGAS de incremento de plantilla no centro de saúde de Navia non e de todo real

O sindicato comarcal da federación de sanidade de CCOO, considera que o anuncio do SERGAS de incremento de plantilla no centro de saúde de Navia, nin é del todo real ni satisface as demandas dos veciños de Navia e o seu entorno.
Publicado por o día 04/01/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Consideran que o anuncio do SERGAS de incremento de plantilla no centro de saúde de Navia non e de todo real

O sindicato comarcal da federación de sanidade de CCOO, considera que o anuncio do SERGAS de incremento de plantilla no centro de saúde de Navia, nin é del todo real ni satisface as demandas dos veciños de Navia e o seu entorno.

CCOO, quere lembrar que o médico ( realmente médica) e como consecuencia de non repoñer unha xubilación do centro de saúde do Casco Vello. Esta médica, xa estaba no centro de Navia e agora o que fan e asignarlle un cupo.

A CCOO, parécelle ben rebaixar as cartillas sanitarias dos profesionais, pero o que necesítase é incrementar a plantilla de médicos, pediatras, enfermeiras, fisioterapeutas, p.s.x, tcae, matrona, odontólogo, hixienista… para que todo-as os veciños-as podan ser atendidos neste centro e non “emigrar” fora do barrio.

Lembrar que en campaña electoral, o 26 de maio do 2016 o deputado Javier Dorado, anunciaba que xunto os deputados Javier Guerra, Aurelio Nuñez e Elena González, todos eles do P.P. presentaban unha proposta non de lei para incrementar o número de facultativos.

CCOO, esixe UN INCREMENTO REAL de plantilla no centro de Saúde de Navia en tódalas categorías e reiteramos o noso apoio a manifestación convocada pola Asociación Veciñal NOVO VIGO, pola Xunta de Persoal e por SOS Sanidade pública o vindeiro mércores día 11 ás 19 horas.